A Xunta sinala que a Lei de implantación empresarial axudará a consolidar a actividade mineira en Galicia xerando 800 empregos

Publicado por o día 20/03/2018 na sección de Xunta de Galicia

A Xunta sinala que a Lei de implantación empresarial axudará a consolidar a actividade mineira en Galicia xerando 800 empregos

O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, participou hoxe en Santiago na clausura da xornada dedicada á Lei de implantación empresarial que organizou a Cámara Oficial Mineira de Galicia, onde expuxo as vantaxes que aportará a esta actividade económica a nova Lei de implantación empresarial que promove a Xunta para a captación de máis investimentos na Comunidade galega.

Deste xeito, Tahoces apuntou que a iniciativa axudará a consolidar a actividade mineira impulsando ao sector, tanto en xeración de actividade económica como de postos de traballo, lembrando que o propio colectivo estima que se crearán coa nova lexislación 800 novos empregos, medrando o sector un 23%.

Tahoces sinalou que a normativa aportará ao propietario seguridade e transparencia, ao tempo que asegurou que blinda o contorno con “garantías ambientais claras”, paralizándose a tramitación ante calquera informe negativo.

Por último, afirmou que a Lei establece un procedemento administrativo integrado pioneiro e moi avanzado que agrupará todas as actuacións necesarias para o desenvolvemento da actividade.