A Xunta solicita a constitución dun grupo de traballo e o aprazamento do ERE de Alcoa San Cibrao para avaliar a posible proposta dun investidor

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta tarde por videoconferencia na mesa multilateral de Alcoa na que por primeira vez o Goberno central anunciou que existe un posible comprador para a planta, e Alcoa a súa vontade de iniciar un proceso de venda
Publicado por o día 28/07/2020 na sección de Empresas,Xunta de Galicia

A Xunta solicita a constitución dun grupo de traballo e o aprazamento do ERE de Alcoa San Cibrao para avaliar a posible proposta dun investidor

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta tarde, por videoconferencia, na mesa multilateral de Alcoa San Cibrao, na que solicitou a constitución dun grupo de traballo e o aprazamento do ERE na planta para estudar a posible proposta -confirmada polo Goberno central- dun investidor e, deste xeito, abrir un novo camiño para o mantemento da actividade e do emprego na planta.

Neste sentido, e ante o descoñecemento do contido da proposta tanto por parte de Alcoa como dos traballadores e da propia Xunta, o conselleiro pediu certezas e tempo para poder identificar as condicións e requirimentos que permitan pechar a operación. Expresou a total colaboración da Xunta neste novo escenario no que Alcoa manifestou que está disposta a iniciar un proceso de venda. Por iso, solicitou transparencia ao Goberno para coñecer os detalles do posible plan de empresa no marco deste grupo de traballo do que formarían parte todos os axentes implicados así como o posible investidor.

Conde lembrou que para garantir que calquera proxecto sexa viable segue sendo necesario fixar un prezo eléctrico estable e competitivo. Por iso, lamentou que aínda non se coñeza o contido do Estatuto do consumidor electrointensivo e non se teña convocado a poxa de interrompebilidade para o segundo semestre do ano. Esta falta de resposta está provocando que España non estea a ser competitiva con respecto ao resto de países europeos.

O conselleiro amosou, unha vez máis, o apoio da Xunta aos traballadores ofrecendo todos os mecanismos cos que o Goberno autonómico conta en materia de política industrial co obxectivo de manter a actividade e o emprego na comarca da Mariña.

Declaracións de Francisco Conde no eido de Alcoa

O Goberno solicita a Alcoa que negocie co investidor interesado en comprar a planta de San Cibrao e esta é a contestación do conselleiro de Economía, Emprego e Industria en funcións, Francisco Conde.

Publicada por Noticias de Vigo en Lunes, 27 de julio de 2020

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.