O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, Francisco Conde, mantivo hoxe un encontro co comité de empresa de Siemens nas Somozas onde defendeu solicitar ao Ministerio de Traballo e Economía Social que avalíe polo miúdo o Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERE) presentado pola empresa por se houbese motivos para que sexa rexeitado e impedir a súa execución. Esta circunstancia podería darse se se demostra que a solicitude da compañía non está xustificada e se constata que é posible garantir a continuidade da produción na planta.
Na xuntanza, o vicepresidente económico quixo trasladar aos 215 traballadores e traballadoras afectados todo o apoio da Xunta na defensa dos seus intereses. Segundo dixo, a decisión adoptada por Siemens merece unha rectificación e é totalmente incoherente nun momento histórico para as enerxías renovables e, concretamente, para o sector eólico.
Conde considerou ilóxica a posición de Siemens, pois ao mesmo tempo que pretende pechar a fábrica aspira á asignación dos fondos europeos Next Generation e as oportunidades que se abren para a industria das renovables en Galicia. De non producirse este paso atrás por parte da empresa, asegurou que se solicitará tamén ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico que poña sobre a mesa alternativas industriais que axuden a reverter esta situación.
O vicepresidente económico subliñou que Galicia está sufrindo duramente os efectos dunha transición ecolóxica inxusta e improvisada que só nos leva á perda de empregos e de tecido industrial e que non contempla medidas de acompañamento para os sectores máis afectados. Ao seu xuízo, a transición ecolóxica debe entenderse como unha oportunidade e non como unha condena a sectores estratéxicos da economía galega. Por iso reiterou que a Xunta estará ao lado dos traballadores para pedir unha implicación firme do Goberno que evite o desmantelamento da industria en Galicia e na comarca de Ferrolterra en particular.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.