A Xunta solicítalle ao Ministerio de Fomento información sobre a súa proposta de regulación do taxi e as VTC, antes da súa aprobación en Consello de Ministros

Vázquez Mourelle lembra que é imprescindible que se resolva esta problemática, alí onde se xerou, no seo ministerial e a nivel Goberno estatal
Por o 19/09/2018 | Sección: Xunta de Galicia
A Xunta solicítalle ao Ministerio de Fomento información sobre a súa proposta de regulación do taxi e as VTC, antes da súa aprobación en Consello de Ministros

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, remitiulle hoxe unha carta ao secretario de Estado de Infraestruturas, Transporte y Vivienda, Pedro Saura, na que lle solicita información sobre a súa proposta de nova regulación do sector do taxi e o sector dos vehículos de aluguer (VTC), antes de a súa aprobación por parte do Consello de Ministros.

Vázquez Mourelle subliña que é imprescindible que se resolva esta problemática, alí onde se xerou, no seo ministerial e a nivel Goberno estatal, e incide en que antes de iniciar futuros trámites de traspaso de competencias ás comunidades autónomas é preciso que as mesmas coñezan o contido desta iniciativa lexislativa de ámbito nacional.

Na misiva sinala que o coñecemento do contido deste Decreto Lei ten por obxectivo poder ser debatido polas Comunidades Autónomas, no marco de cooperación leal e institucional, e co obxectivo de resolver o conflito actual da mellor maneira posible para todas as partes implicadas.

Lembra á reunión da Conferencia Nacional de Transportes, celebrada o pasado 1 de agosto en Madrid, se trasladou desde a Xunta a necesidade de abordar de raíz a problemática que impide cumprir o ratio de consenso 1/30, e garantir a convivencia harmónica e competencia leal entre os dous sectores.

A titular de Infraestruturas da Xunta traslada esta petición de coñecer o contido texto, ante as últimas novas aparecidas en diferentes medios de comunicación sobre a previsión da aprobación da nova regulación o vindeiro 28 de setembro en Consello de Ministros.

Comentar noticia

Your email address will not be published.