A Xunta solicitará ao Goberno reactivar a mesa de traballo e incorporar ao comité de Alcoa San Cibrao para achegar unha solución ao prezo eléctrico

O presidente da Xunta, Alberto N√ļ√Īez Feij√≥o, e o conselleiro de Econom√≠a, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantiveron unha reuni√≥n esta tarde co comit√© de empresa
Publicado por o d√≠a 06/09/2019 na sección de Xunta de Galicia

A Xunta solicitará ao Goberno reactivar a mesa de traballo e incorporar ao comité de Alcoa San Cibrao para achegar unha solución ao prezo eléctrico

A Xunta solicitar√° ao Goberno central reactivar a mesa de traballo sobre a industria electrointensiva e incorporar nela ao comit√© de empresa de Alcoa San Cibrao co obxectivo de traballar nunha soluci√≥n ao prezo el√©ctrico que permita garantir o emprego e a actividade industrial. As√≠ se acordou tras a xuntanza que o presidente da Xunta, Alberto N√ļ√Īez Feij√≥o, e o conselleiro de Econom√≠a, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantiveron esta tarde cos membros do comit√© de empresa de Alcoa San Cibrao.

Na xuntanza, escoitaron as demandas dos traballadores, aos que se lles trasladou que a Xunta seguir√° traballando para ser parte da soluci√≥n xa que comparte a s√ļa preocupaci√≥n pola situaci√≥n actual, na que a empresa est√° a recortar nun 11% a produci√≥n debido, en gran parte, aos elevados custos da electricidade en Espa√Īa.

Neste sentido, o Goberno galego insiste en que o Executivo central ten que asumir a s√ļa responsabilidade e cumprir coa s√ļa palabra para que o pa√≠s conte cun marco regulatorio estable que permita a Alcoa San Cibrao e ao conxunto das empresas electrointensivas competir en igualdade de condici√≥ns que o resto de pa√≠ses europeos.

As√≠, √© necesario que o Goberno cumpra coas s√ļas promesas e, por unha parte, aprobe o estatuto do consumidor electrointensivo, incorporando as alegaci√≥ns que Galicia presentou en consenso coa industria; e, por outra, que ampl√≠e de 90 a 200M‚ā¨ a compensaci√≥n dos gastos indirectos de CO2. A soluci√≥n est√°n nas mans do Executivo de Pedro S√°nchez e de que reaccione e act√ļe depende non s√≥ o futuro de Alcoa San Cibrao, sen√≥n tam√©n, de Parter A Coru√Īa -que polo de agora conta cunha soluci√≥n provisional de dous anos- e o conxunto da industria electrointensiva, da que dependen 5.000 familias s√≥ en Galicia.

Comentar noticia

Your email address will not be published.