A Xunta supervisa en Silleda as actuacións levadas a cabo para a mellora de camiños municipais ao abeiro do Plan marco

O director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Miguel Pérez Dubois, supervisou hoxe as actuacións levadas a cabo para o arranxo do camiño entre Piñeiro e Abades, no municipio pontevedrés de Silleda, ao abeiro do Plan marco para a mellora de vías municipais que dan acceso a parcelas agrarias.

O director xeral de Agader, que estivo acompañado na visita polo alcalde de Silleda, Manuel Cuíña, e polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, aproveitou para lembrar que os concellos galegos teñen ata o vindeiro 10 de marzo para presentar as súas solicitudes de axuda no marco da convocatoria 2020-2021 deste Plan da Consellería do Medio Rural.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM