A Xunta suspende as saídas de fin de semana dos residentes dos centros de atención á discapacidade de Galicia

Esta medida revisarase cando finalice o proceso de vacinación nas residencias e se garanta a inmunidade dos usuarios e os traballadores

A Xunta decidiu suspender as saídas de fin de semana dos residentes dos centros de atención á discapacidade mentres dure a campaña de vacinación e ante o empeoramento da situación epidemiolóxica.Esta medida afecta tamén ao resto de saídas, impliquen ou non pernocta.

En canto ao réxime de visitas, estes centros atópanse en nivel de risco alto polo que poden recibir unha visita á semana por unha persoa de referencia durante unha hora. Trátase dun endurecemento das medidas de prevención que afecta a toda Galicia e que se revisará cando finalice o proceso de vacinación e se garanta a inmunidade dos traballadores e residentes.

Actualmente, os centros de atención á discapacidade de Galicia rexistran un total de 72 casos positivos entre os seus usuarios e 29 entre os seus traballadores.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM