O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá, vía telemática, na Conferencia Sectorial de Enerxía e ratificou a aposta da Xunta por afrontar a transición ecolóxica desde a cogobernanza, a igualdade de oportunidades e con medidas de acompañamento á industria.
Conde trasladou que afrontar a reactivación económica supón aproveitar as oportunidades da transición ecolóxica desde a cogobernanza e participación de todas as administracións; e desde a igualdade de oportunidades entre as comunidades autónomas. Tamén incidiu na necesidade de artellar medidas de acompañamento para a industria para compensar os custos derivados da necesaria transición.
Na conferencia abordáronse novas liñas de axuda no marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia: no eido de sistemas de xeración eléctrica para autoconsumo en empresas industriais e de servizos, infraestruturas e edificios das administracións públicas autonómica e local; no ámbito da mobilidade eléctrica dentro do programa Moves con horizonte 2023; e para impulsar o desenvolvemento de concellos de menos de 5000 habitantes a través da rehabilitación enerxética de edificios, iniciativas de desenvolvemento local sustentable e proxectos singulares. Neste sentido, Galicia solicita unha revisión dos criterios de reparto dos fondos previstos para que en vez de ter en conta o número de municipios de menos de 5000 habitantes se considere o censo, o que beneficiaría a Galicia.
O vicepresidente económico tamén lembrou o traballo que se está a realizar desde Galicia para optar aos fondos europeos Next Generation con proxectos estratéxicos e con efecto tractor nas pemes e no emprego, como as propostas vinculadas ao hidróxeno verde, á creación dun centro de economía circular ou ao desenvolvemento dunha fábrica de fibras téxtiles.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.