A Xunta triplica a súa achega ao Marisquiño ata superar os 120.000 euros que garanten a súa celebración en Vigo

O Goberno galego realizará, ademais, as xestións precisas para que este festival se beneficie do programa de patrocinios do Xacobeo 2021, co que poderá obter 50.000 euros adicionais, o que elevaría a aportación da Xunta a máis de 170.000 euros
Publicado por o día 01/04/2019 na sección de Galicia,Vigo,Xunta de Galicia

A Xunta triplica a súa achega ao Marisquiño ata superar os 120.000 euros que garanten a súa celebración en Vigo

A Xunta de Galicia, reitera o seu apoio ao Marisquiño de Vigo, considerado o festival de cultura urbana e deportes de acción gratuíto máis importante do sur de Europa e un escaparate para a promoción de Galicia como destino turístico.

Por elo, a Administración autonómica triplicará este ano a súa achega económica ao festival, que ascende a 121.000 euros. Ademais, realizaranse as xestións oportunas para que o Marisquiño se poida beneficiar do programa de patrocinios do Xacobeo 2021, o que suporía unha achega de ata 50.000 euros adicionais ao acordado para este 2019. Isto elevaría a aportación final da Xunta a máis de 170.000 euros.

Cómpre lembrar que o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantiveron o pasado mes de febreiro unha reunión co director do Marisquiño, Joako Ezpeleta, na que o Goberno galego expresou o seu compromiso para garantir a continuidade do festival na cidade olívica, o que se traduciu neste incremento económico que está na liña do solicitado pola organización. De feito, este encontro serviu para desbloquear a situación e evitar a cancelación desta cita.

Comentar noticia

Your email address will not be published.