A Xunta ubicará no mesmo edificio os catro xulgados do Social de Lugo unha vez que o Ministerio de Xustiza autorizou a posta en marcha da cuarta sala para finais deste ano

O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, acompañado do Presidente da Audiencia Provincial de Lugo, do Fiscal Xefe provincial, da Xuíza Decana en funcións, da Secretaria Provincial Coordinadora, e do director xeral de Xustiza, visitou a Audiencia Provincial da capital lucense
Publicado por o día 21/07/2020 na sección de Xunta de Galicia

A Xunta ubicará no mesmo edificio os catro xulgados do Social de Lugo unha vez que o Ministerio de Xustiza autorizou a posta en marcha da cuarta sala para finais deste ano

O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, avanzou hoxe que o Xulgado do Social nº4 se ubicará xunto aos outros tres do Social no edificio xudicial da rúa Armando Durán, unha vez que o Estado autorizou, despois de varias peticións da Comisión Mixta entre Xunta e TSXG, a posta en marcha dun cuarto Xulgado do Social na cidade de Lugo este ano.

Alfonso Rueda, acompañado do Presidente da Audiencia Provincial de Lugo, José Antonio Varela, do Fiscal Xefe provincial, Roberto Breznes; da Xuíza Decana en funcións e titular do xulgado de menores, María Sara Pendás; da Secretaria Provincial Coordinadora, Maria del Carmen Varela Rebolo; e do director xeral de Xustiza, Juan José Martín Álvarez, visitou a Audiencia Provincial da capital lucense onde indicou que alí será reubicado o Xulgado de menores da cidade.

Desta maneira, segundo explicou Alfonso Rueda, trasladarase o Xulgado de Menores para a Audiencia onde será acondicionando un espazo que agora está diáfano na planta superior, ao carón do Xulgado de Vixilancia penitenciaria. Ademais, coa vantaxe de que na Audiencia está a Fiscalía Provincial, que é a encargada de investigar os asuntos de menores infractores.

Os actuais tres xulgados do Social atópanse no edificio xudicial da rúa Armando Durán, pero non existe espazo para o cuarto xulgado do social. Así, para poder habilitar ese espazo, dáse traslado á Audiencia do Xulgado de menores que será acondicionando cunha partida orzamentaria de 75.000 euros para que que tan pronto o Ministerio de Xustiza permita o arranque deste cuarto xulgado, todo estea xa listo para que bote a andar o antes posible.

Comentar noticia

Your email address will not be published.