A Xunta xa cubriu as 160 prazas ofertadas para os novos cursos gratuítos de condución segura de motocicletas

Os cursos terán lugar o sábado, 21 de setembro, en Ferrol; o domingo, 22, en Santiago; o sábado, 28, en Vilagarcía de Arousa; e o domingo, 29, en Vigo
Publicado por o día 07/09/2019 na sección de Formación

A Xunta xa cubriu as 160 prazas ofertadas para os novos cursos gratuítos de condución segura de motocicletas

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade xa cubriu as 160 prazas ofertadas para os novos cursos gratuítos de condución segura de motocicletas que se impartirán nas dúas últimas fins de semana do mes.

A Xunta cubriu todas as prazas en menos dunha semana, xa que o prazo de inscrición abríase o pasado luns.

Estes cursos terán lugar o sábado, 21 de setembro, en Ferrol; o domingo, 22, en Santiago; o sábado, 28, en Vilagarcía de Arousa; e o domingo, 29, en Vigo.

As actividades están dirixidas aos usuarios de todo tipo de motocicletas, incluídos aqueles con permiso de conducir B+3, A1, A2 e A que queiran mellorar o control da moto dun xeito máis seguro e eficiente.

A formación constará dunha parte teórica, na que se abordarán asuntos como o equipamento para a protección individual, o estado e mantemento da motocicleta, as situacións de risco como a climatoloxía adversa, as freadas, os xiros ou os adiantamentos.

Os asistentes tamén levarán estes conceptos á práctica coa realización de manobras en parado, accións de axilidade e equilibrio, freadas, traxectorias e un itinerario final que inclúe todos os movementos anteriores.

A Axencia Galega de Infraestruturas conta coa colaboración da Unión de Moteros Europeos, Pons Seguridad Vial e da Escuela Nacional de Conducción de Motocicletas para a organización desta iniciativa.

O Goberno galego comezou a impartir este tipo de cursos no ano 2017, xa que a seguridade viaria é unha materia estratéxica e prioritaria, con especial atención aos usuarios máis vulnerables das estradas, os peóns, ciclistas e tamén o colectivo de motoristas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.