O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anula parcialmente a orde da Consellaría de Sanidade que fixou os servizos mínimos da folga do transporte sanitario do pasado mes de febreiro e condena a Xunta ao pagamento das custas do proceso. Os servizos xurídicos de CCOO denunciaron os ditos servizos mínimos por consideralos «abusivos», xa que alcanzaban o 100 % no caso das ambulancias do 061 e o 50 % para o transporte inter e intrahospitalario.
Por último, desde CCOO lembran que son xa varias as sentenzas xudiciais que nos últimos anos ratificaron a condición de «abusivos» dos servizos mínimos decretados pola Administración autonómica. O sindicato lamenta que a Xunta «siga teimando contra a lóxica», obrigando os sindicatos a acudir á Xustiza «para facer valer dereitos fundamentais que o propio Goberno debera garantir».
Noticias de última hora en Vigo