A Xustiza condena ao Sergas por vulnerar o dereito á liberdade sindical de CESM Galicia

A Directora de RRHH da EOXI de Santiago negou información relativa aos nomeamentos dos facultativos temporais eventuais
Por o 31/01/2019 | Sección: Cesm-Galicia,Sanidad,Sindicatos
A Xustiza condena ao Sergas por vulnerar o dereito á liberdade sindical de CESM Galicia

A Delegación da Confederación Española de Sindicatos Médicos (CESM) en Galicia coñeceu onte a sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Santiago de Compostela, que condena ao Sergas por vulnerar o dereito á liberdade sindical da Central Sindical, ao serlle negada a información solicitada para o pleno exercicio dos seus dereitos na defensa dos profesionais da Sanidade.

Os feitos remóntanse ao 14 de xuño de 2017, cando o Sindicato Médico solicitou á Comisión de Centros Hospitalario da EOXI de Santiago documentación sobre os nomeamentos estatutarios
temporais eventuais, e concretamente sobre a data de inicio da actividade asistencial destes profesionais, ao que a Directora de Recursos Humanos negouse.

O único obxectivo de CESM era coñecer a data de inicio de prestación de servizos destes profesionais con vínculo temporal, co fin de poder controlar e fiscalizar o uso fraudulento de nomeamentos eventuais sucesivos.

Ante a negativa da responsable de persoal, os representantes sindicais dirixiron un escrito nos mesmos termos á Xerencia da EOXI con data 18 de setembro de 2017, solicitude que reiteraron o 31
de xaneiro de 2018 dirixido nesta ocasión á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas, que decidiu acollerse ao silencio administrativo. Coa calada por resposta, o 25 de xuño de 2018 os representante sociais interpuxeron un recurso contencioso administrativo por vulneración de dereitos fundamentais, liberdade sindical e contra a denegación de información e documentación de índole laboral.

A sentenza feita pública esta semana constata a existencia da vulneración do dereito á liberdade sindical, consistente nadenegación da información solicitada, declarándose o dereito dos
representantes sindicais demandantes a que lles sexa facilitada a información demandada.

CESM Galicia argumenta que con esta sentenza póñense de manifesto as reiteradas denuncias públicas realizadas polo Sindicato Médico, respecto a a falta de transparencia que impera no Sergas, e conclúe que continuará traballando para defender os dereitos e os intereses dos facultativos ante a Administración e, cando sexa preciso, ante os Tribunais de Xustiza.

Comentar noticia

Your email address will not be published.