A/A Señor Presidente da corporación municipal de Vigo, Abel Caballero

Publicado por o día 15/12/2014 na sección de Opinión

A/A Señor Presidente da corporación municipal de Vigo, Abel Caballero

Escríbelle Antón Bouzas Alvarez: teño acompañado en xestións administrativas a persoas que non cubren as súas necesidades básicas, e veño a exponer:

O pasado 21 de outubro de 2014 dirixínme a vostede e ao presidente da Xunta de Galicia para describir ou solicitar unha urxente intervención institucional cara a unha familia formada por catro persoas, tres mulleres, e un bebé, que malvivían de aquelas cunha prestación de 426 euros dunha Renta Activa de Inserción, e pagaban 250 euros mensuais de aluguer da súa vienda. Daquel escrito non tiven ningún tipo de resposta, e o que é peor, tampouco esta familia, que o día de hoxe xa non cobra o RAI polo tanto ten ingresos 0.

O mes pasado cortáronlles na súa vivenda a enerxía eléctrica, recuperada en 24 horas ao ter pagado un amigo da familia os 76 euros adebedados. Este mes aínda non poideron facerse cargo do aluguer, o que provocou a protesta da propietaria.

Esta pobre familia sobrevive con axudas puntuais, esporádicas e escasas de persoas do seu entorno, entorno pouco favorecido económicamente. Esta misma semana recibiron a información verbal do departamento de benestar do concello e da Xunta que non teñen programada ningunha axuda económida.

Esta realidade afecta a centos de persoas que con distintos matices malviven na nosa cidade. Síntense humillados, estigmatizados, avergonzados, e mesmo paralizados por un alto nivel de estrés, angustia, ansiedade, frío, fame, síntomas todos eles que provocan unha patoloxía grave que se chama pobreza severa e que herdan familias enteras, cada día máis enfermas e crónicas: polo que estou en condicións de opinar que o que vostede está facendo en políticas de benestar é cruel, inhumano e altamente reaccionario. A cidade femosa que vostede percibe, e as clases acomodadas da nosa cidade, non representan a totalidade dos cidadáns de Vigo.

Ante o anteriormente exposto solicito unha entrevista con vostede onde acudan membros desta familia, que describo como testemuña de que a poboación que vostede pretende invisibilizar existen físicamente e son dignos de ser escoitados polo alcalde.

Opinión Antón Bouzas Alvarez, 15 de decembro 2014