Abel Caballero: “A nova estación é un paso de xigante na construción de Vigo”

O alcalde de Vigo participou no acto de presentación da terminal de autobuses integrada na Estación de Urzaiz. “É froito de tanto tempo de espera e de traballo para trazar este proxecto, ao final é unha realidade imparable con cooperación técnica, financeira e política”, sinalou Abel Caballero.
Publicado por o día 25/02/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Abel Caballero: “A nova estación é un paso de xigante na construción de Vigo”

Abel Caballero cualificou este luns a nova Estación de Urzaiz como un dos “pasos máis importantes na construción de Vigo” e celebrou a “nova forma de facer este modelo de cidade”. Foi na presentación da nova terminal de autobuses integrada na Estación de Urzaiz, na sede da Xunta de Galicia en Vigo, onde tamén estiveron o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, así como os concelleiros Carlos Font, Nuria Rodríguez, Ángel Rivas, Santos Héctor, Javier Pardo, María José Caride e Isaura Abelairas.

O alcalde valorou este “paso de xigante” para a cidade no século XXI. “Estamos tan contentos, froito de tanto tempo de espera e de traballo para trazar este proxecto, ao final é unha realidade imparable con cooperación técnica, financeira e política”, sinalou o rexedor.

“Me encanta, me encanta, o quero dicir así, é unha forma brillante de construír cidade, ben trazada, con accesos, unha gran resolución pendente desde aquel scalextric que houbo que derribar”, apuntou Caballero tras a proxección do vídeo.

O alcalde lembrou que quedaba resolver os accesos á estación desde a autoestrada. “Non éra unha tarefa doada, requiría colaboración de todos e conquerimos unha solución técnica coa cooperación de todas as administracións, unha nova forma de entender a entrada de Vigo, en dous anos será unha marabillosa realidade”, engadiu.

Abel Caballero apuntou que os custes de toda a actuación van desde o túnel por valor de 300 millóns; a parte da estacións sobre 50 a parte ferroviaria; a estación de Mayne uns 80 ou 85 millóns; a estación de buses, por uns 17 millóns, e os accesos por outros 17.

Ademais, destacou a mobilización de fondos desde o Goberno de España, a Xunta de Galicia, o Concello e Europa. “Esta é a forma óptima de construír unha cidade, un magnífico proxecto, un paso extraordinario e magnífico que damos, en Vigo, pero colectivamente en toda Galicia”, dixo.

O rexedor sinalou tamén que o AVE por Cerdedo está desbloqueado e o estudo hidroxeolóxico no BOE, polo que a liña de alta velocidade entre Vigo-Madrid vai a ser “unha realidade”.

Respecto da nova estación, Caballero apuntou que acordou o financiamento coa conselleira “en 30 segundos, porque había vontade e o queríamos levar adiante”. “É o día de engadir a peza que nos faltaba para Vigo, isto unido ao ascensor que permitirá percorrer 100 metros ata a estación de tren e autobuses”, indicou.

Estación intermodal de Vigo

Así será o novo centro intermodal de Vigo.

Publicada por Noticias de Vigo en Lunes, 25 de febrero de 2019