Abel Caballero: “A reinversión do superávit aprobada hoxe é a mellor noticia para cidadáns e Concellos”

Para o Presidente da FEMP “o Goberno cumpriu coas Entidades Locais” que poderán “prestar máis e mellores servizos”
Publicado por o día 30/03/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Abel Caballero: “A  reinversión do superávit aprobada hoxe é a mellor noticia para cidadáns e Concellos”

Como gran noticia para cidadáns e Concellos cualificou o Presidente da FEMP, Abel Caballero, o anuncio formulado esta mañá pola Ministra María Jesús Montero en relación coa aprobación do Real Decreto-Lei que permitirá aos Gobernos Locais reinvestir en 2019 os 6.292 millóns de euros de superávit alcanzados en 2018. A xuízo de Caballero, con esta medida “os Concellos poderemos prestar máis e mellores servizos aos cidadáns” porque, explicou “autorízanos para gastar na nosa xente”.
 
A norma permitirá destinar esta cantidade a investimentos financeiramente sustentables que “nos permitirán ofrecer máis e mellores servizos aos cidadáns” en materias como sanidade, educación, cultura, seguridade ou protección civil. Caballero subliñou que, con esta medida cada Consistorio tomará as súas decisións de investimento, e iso xerará novos empregos e permitirán que “os Concellos sigamos á cabeza da recuperación económica”.
 
Neste sentido, reiterou que os Gobernos Locais son “a Administración máis seria, solvente e cumpridora” que, co seu bo facer, “achegamos medio punto do PIB aos resultados económicos que o Reino de España presenta en Bruxelas”.
 
A posta en marcha da medida anunciada hoxe pola Ministra María Jesús Montero xa fora comunicada ao Presidente Caballero, que así o fixo saber o pasado martes 26 aos membros da Xunta de Goberno da Federación. Co acordo alcanzado hoxe polo Executivo, manifestou Caballero, “o Goberno cumpriu coa súa promesa”.