Con apenas unha vintena de entradas aínda dispoñibles, o alcalde invitou á cidadanía a presenciar esta representación, este domingo ás 19:30h no Teatro Afundación.
O director musical, Diego García, e a directora de escena, Eugenia Corbacho, avanzaron as liñas desta ópera, luminosa, ambientada nos anos 60 e 70, con continuas referencias ao cine da época ao tempo que respectuosa co tema central da obra de Rossini, que é a loita entre a opresión e a liberdade.
Diego García Rodríguez, despois de dirixir dirigir D. Carlo no Teatro Real, volve a Vigo para estar á fronte dun elenco formado por Carlos Daza (Fígaro), Diego Godoy (Conde de Almaviva), Laura Verrecchia (Rosina), Giulio Mastrototaro (Dr. Bartolo), Jeroboám Tejera (D. Basilio), Pedro Martínez Tapia (Fiorello) e Marina Penas (Berta). Coa Orquestra Vigo 430 no foso, o evento tamén contará coa participación do coro Rías Baixas.
Este venres, dous días antes da representación, terá lugar a conferencia “O barbeiro desde Sevilla”, a cargo de Jacobo Cortines, escritor e membro da Real Academia de Belas Artes. Celebrarase ás 20h na sala de conferencias do Centro Social Afundación.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.