Abel Caballero, anuncia como un logro cubrir a piscina da ETEA

Coa eliminación da piscina perde Teis e a cidade de Vigo
Publicado por o día 11/07/2017 na sección de A.V. Teis,Galicia,Social,Vigo

Abel Caballero, anuncia como un logro cubrir a piscina da ETEA

A Asociación Veciñal de Teis, considera un “escándalo“, que Abel Caballero, anuncie como un logro cubrir a piscina da ETEA, para ter unha nova pista deportiva.

Esta Asociación, sempre defendeu a recuperación de todas as instalacións deportivas que funcionaban cando estaban os militares. Que as diferentes administracións, permitiron que se deterioran, incluído obviamente o Concello de Vigo.

Que foi de todos os anuncios e promesas de Abel Caballero, de abrir todas as instalacións deportivas incluída a piscina, ao longo destes dez anos como Alcalde e incluso cando aínda era un candidato. Incluso hai acordos do pleno municipal aprobados polo grupo de goberno, que unha vez máis fican en papel mollado.

Non só se falou por parte de Abel Caballero de recuperar a piscina, incluso se chegou a falar de converter a piscina nun “centrode auga salgada” no día 10 de maio de 2012.

Ao longo destes anos por parte de Abel Caballero, estívose enganando a veciñanza, con falsas promesas.

Non é un problema de gasto da piscina, é un problema de capacidade de xestión. Cando se negociou co Consorcio de Zona Franca, un acordo para recuperar as instalacións deportivas e o Concello de Vigo só conseguiu 850.000 euros, cantidade que daquela nós xa a asociación denunciou que era insuficiente para recuperar todas as instalacións deportivas.

Non é lóxico que incluso se chegou a investir diñeiro na piscina e agora se elimine. A piscina, podería ter diferentes usos como por exemplo natación sincronizada, waterpolo, spa ou impartir cursos de natación. O que ten que existir é vontade política.

Mentres outros barrios e parroquias contan con spa urbano, ximnasio, etc a través dos centros “Máis que Auga”. No caso destas instalacións eliminase a piscina, con esta decisión perde Teis e a cidade de Vigo.