Abel Caballero anuncia que este xoves se inaugurarán as escaleiras mecánicas da Porta do Sol

Publicado por o día 19/03/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Abel Caballero anuncia que este xoves se inaugurarán as escaleiras mecánicas da Porta do Sol

“Este xoves día 22 poremos en funcionamento todas as escaleiras mecánicas da Porta do Sol”, avanzou o alcalde este luns. Coa primeira fase xa concluida, a segunda está a piques de rematar e permitirá que a conexión entre Porta do Sol e Abeleira Menéndez estea inaugurada o xoves. O Concello adicou case dous millóns de euros ao total da obra.