Abel Caballero apoia a actuación de As Ramonas en tour que inician a súa xira hoxe na Porta do Sol

Abel Caballero e Carmela Silva saudaron esta mañá aos alumnos de diferentes centros educativos de Vigo que se achegaron á proba de son didáctica que As Ramonas en tour realizaron na Porta do Sol, con obradoiros de educación igualitaria. Esta actuación, organizada pola Deputación coa colaboración do Concello, é a primeira dunha xira por toda a provincia que comezará esta noite ás 22,30 h na Porta do Sol.
Por o 15/03/2019 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
Abel Caballero apoia a actuación de As Ramonas en tour que inician a súa xira hoxe na Porta do Sol

Abel Caballero e Carmela Silva saudaron esta mañá aos alumnos de diferentes centros educativos de Vigo que se achegaron á proba de son didáctica que As Ramonas en tour realizaron na Porta do Sol, con obradoiros de educación igualitaria. Esta actuación, organizada pola Deputación coa colaboración do Concello, é a primeira dunha xira por toda a provincia que comezará esta noite ás 22,30 h na Porta do Sol.

Música, cultura, obradoiros de educación en igualdade, actividades e concertos protagonizados por mulleres encheron este venres a emblemática Porta do Sol de Vigo que, desde a mañá ata a madrugada, é escenario do novidoso espectáculo Ramonas on tour, unha das iniciativas centrais da Deputación de Pontevedra da extensa axenda deste mes de marzo ao amparo das reivindicacións do 8M. O espectáculo, que se estrenou en Vigo, levará o feminismo por toda a provincia de Pontevedra a través da música rock.

Comentar noticia

Your email address will not be published.