Abel Caballero apoia ao C. B. Seis do Nadal – Coia no seu 5º torneo de 3×3

Publicado por o día 13/08/2015 na sección de Baloncesto,Deportes

Abel Caballero apoia ao C. B. Seis do Nadal – Coia no seu 5º torneo de 3×3

– Alberto Abalde, xogador do Joventut Badalona, acompañou ao club durante a presentación do evento.

– O campionato se celebrará o venres 21 (categorías minibásquet e infantil/cadete) e o sábado 22 (categoría júnior/sénior).

– As pistas do Colexio Seis do Nadal serán o escenario da quinta edición do evento.

O Alcalde do Concello de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo Concelleiro de Deportes, Manel Fernández, recibiu na Alcaldía a Concepción Martins, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, ao Directivo Ramón Román e ao Coordinador Deportivo da entidade, Sergio González; que acudiron en todo momennto acompañados polo xogador de dous metros e do Joventut de Badalona Alberto Abalde.

O motivo da visita do club de Coia á Alcaldía foi explicar ao rexedor os pormenores do vindeiro evento organizado por “tan activo club”, tal como definiu Abel Caballero ao Seis do Nadal; o 5º Torneo de Baloncesto 3×3, presentando no mesmo acto ao padriño do torneo, o internacional e galego Alberto Abalde.

Abel Caballero confesou aos directivos do club e a Abalde que o baloncesto resúltalle “un deporte estresante” polo continuado cambio de marcador que conleva máxima tensión e emoción, “do mesmo xeito que o tenis”, dixo. Nun encontro moi cordial, o xefe do goberno vigués desexou ao xogador da Penya que continúe pola actual liña de éxitos e preguntoulle ademais pola súa estatura, posición na cancha e as horas de adestramento.

O Alcalde e o Concelleiro de Deportes amosaron o seu pleno apoio ao evento, que se disputará nas pistas do Colexio Seis do Nadal o venres 21 de agosto nas categoría minibásquet e infantil/cadete, e o sábado 22 en categoría júnior/sénior.

PRENSA C. B. SEIS DO NADAL – COIA