Abel Caballero: “Avalo todas as medidas impostas por Sanidade e pido á cidadanía que as cumpra escrupulosamente”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mostrouse este venres en rolda de prensa totalmente de acordo coa Consellería de Sanidade nas medidas tomadas ante o empeoramento da segunda ola de Covid-19 na cidade. “Non é un crecemento exponencial, pero é estable e aproxímanos a zonas imposibles de manter, significa que lle digo a cidade que cumpramos escrupulosamente as ordes da Xunta porque é obrigado e é bo para facer fronte ao coronavirus”, sinalou.

Sanidade ordenou o peche perimetral de Vigo, ao igual que o resto das cidades galegas, e a prohibición de reunións con persoas non convivintes. “Non estarei tranquilo ata que esteamos en contaxios cero”, sinalou Caballero durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación.

O rexedor insistiu en que aceptaba as decisións tomadas polo comité clínico do Goberno galego en base a evolución da crise sanitaria actual, aínda que tamén advirte de que son necesarias outras medidas adicionais. “Avalo as medidas, non as discuto, pero tamén hai que duplicar o número de PCRs e de rastrexadores, así como reforzar a Atención Primaria”, indicou.

No tocante á taxa de positivade actual, o alcalde apuntou que “aumentou moito, é mal dato, por iso temos que cumprir todas as normas, temos que frear o crecemento do coronavirus na cidade e hai que ter moita prudencia porque vainos na vida”.

Albergues e centros de confinamento

Ademais, o alcalde sinalou que o albergue municipal de Marqués de Valterra ten as súas 38 prazas ocupadas, pero na Fundación Santa Cruz hai 12 prazas dispoñibles. No albergue o Concello ofrece durante o día servizos de lavandería, duchas, consigna e café-calor.

“Xa estamos traballando para poñer en marcha dous novos centros de illamento e confinamento para persoas sen teito por se fose necesario nos vindeiros días”, dixo o alcalde. Serán o Centro de Día de Cruz Roja e o Seminario Maior San Xosé (Avenida de Madrid).

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario