Abel Caballero celebra a publicación do Decreto Lei para investir o superávit dos municipios

O presidente da FEMP explicou este luns que a cantidade que investirán os municipios españois rondará entre os 5.000 e 6.000 millóns de euros. O diñeiro poderá adicarse a políticas sociais, culturais, educativas e deportivas
Por o 26/03/2018 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
Abel Caballero celebra a publicación do Decreto Lei para investir o superávit dos municipios
Compartir en:

O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, congratulouse este luns da publicación do Decreto Ley por parte do Goberno Central para que os concellos poidan reinvestir o superávit do ano 2017.

“Quero amosar a miña satisfacción absoluta ante este Decreto Lei exclusivo para os municipios”, lembrou o rexedor. A decisión tomada polo Ministerio de Facenda despois da petición realizada polo presidente da FEMP permite que os concellos poidan reinvestir entre 5.000 y 6.000 millóns de euros “nos seus cidadáns”.

Caballero explicou que este investimento poderá facerse sen orzamento e polo tanto non hai que esperar a aprobación de novas partidas municipios. Tamén indicou que ademais dos investimentos financeiramente sostibles, agora se poden facer en política social, cultural, educativa e deportiva.