O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este venres o colexio Lope de Vega, eloxiou a súa “calidade asistencia e educativa extraordinaria” e a súa “organización”, polo que felicitou ao profesorado.
O Concello, engadiu, coopera co centro con melloras en caldeiras e baños e a cubrición da pasarela. Abel Caballero asegurou que no goberno de Vigo “somos defensores e potenciadores do ensino público” e expuxo que os pais e nais poden elexir colexio “sabendo que na pública hai a mesma ou máis calidade que en calquera concertado”.
Noticias de última hora en Vigo