Abel Caballero comparou o ancendido do alumeado de nadal de Vigo vai ser como a “inauguración dos Xogos Olímpicos”

O alcalde de Vigo activa a conta atrás para o acendido das luces de Nadal
Publicado por o día 29/10/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Abel Caballero comparou o ancendido do alumeado de nadal de Vigo vai ser como a “inauguración dos Xogos Olímpicos”

Vigo iniciou a súa particular conta atrás para que comece o seu Nadal. O alcalde activou ás sete e media desta tarde un reloxo situado na Porta do Sol e que amosa canto tempo queda para o acto do acendido das luces. Este é o momento en que Abel Caballero premía o botón e activaba o gran reloxo que contabiliza os días, as horas e os minutos que faltan para o 23 de novembro. Ese día será cando se acendan as luces nun evento que comparou coa inauguración dos Xogos Olímpicos. O Nadal vigués contará este ano con dez millóns de lámpadas led, 2.700 arcos de luz, 465 árbores, nevará cada hora grazas aos 50 cañóns de neve e haberá unha xigantesca noria.

Comentar noticia

Your email address will not be published.