Abel Caballero destaca o labor de Paulino Freire como “extraordinario defensor” de Bouzas e da cidade

O alcalde de Vigo transmitiu este xoves o seu pésame á familia e amigos de Paulo Freire Gestoso, falecido nas últimas horas na cidade. Caballero destacou a figura do boucense como impulsor da cidade e lembrou que no ano 2012 foi nomeado Vigués Distinguido.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, in lamentou este xoves o pasamento de Paulino Freire Gestoso, nomeado Vigués Distinguido en 2012, e destacou o seu labor en favor de Bouzas e de toda a cidade.

“Adicou a súa vida a traballar por Bouzas e Vigo, polo Cristo de Bouzas, as Festas, a defensa da cidade, deume moitas ideas e aprendín moito de Paulino, moitísimo, porque cada vez que falabamos aportaba ideas e defendía o arraigo das festas tradicionais como cultura popular que hai que manter”, sinalou Caballero en rolda de prensa. O alcalde tamén enviou o seu pésame e unha aperta a toda a familia dun “vigués e boucense extraordinario”.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM