Abel Caballero eloxia a calidade dos artistas nacionais e internacionais do Most! Music Festival

O 15 de decembro, a primeira edición deste festival de música independente ofrece no IFEVI doce horas de música ininterrompida, alternando concertos (Mando Diao, Viva Suecia ou Cycle) cos DJSet de Belle and Sebastian, Foals o Peter Hook.
Publicado por o día 30/10/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Abel Caballero eloxia a calidade dos artistas nacionais e internacionais do Most! Music Festival

A primeira edición deste festival reúne a bandas e artistas internacionais de categoría mundial, segundo indicou Abel Caballero na presentación do evento, xunto ao xerente do IFEVI, Arsenio Prieto, e ao director da promotora, Pablo Rodríguez, quen manifestou o seu desexo de que o MOST! Music Festival se consolide a medio prazo.

Neste primeiro ano, o festival programa no IFEVI un formato novidoso no que os concertos se alternan cos DJSet, de tal forma que non hai tempos de espera e o público asistente poderá gozar de doce horas de música ininterrompida, desde as 18 horas do 15 de decembro.

A falta de pechar a orde de actuacións, o MOST! Music Festival contará cos concertos de Cycle, Mando Diao, los Tiki Phantoms, Sidecars e Viva Suecia. O cartel complétase coas actuacións do DJSet de Richard Colburn (Belle and Sebastian), Edwin Congreave (Foals), Peter Hook e FAC51 The Hacienda Closing Set.

As entradas están á venda na web do festival e en Ticketmaster e os seus canais asociados, cun prezo especial de 35 euros se se adquiren antes do 9 de novembro e de 40 euros ata o 5 de decembro.