Abel Caballero eloxia a acción da Policía Nacional no respecto á Constitución e ás leis

O alcalde e presidente da FEMP participou este luns no acto celebrado na Comisaría viguesa polo Día do Patrón da Policía Nacional, onde trasladou o recoñecemento da cidade e da FEMP aos axentes policiais como “defensores da democracia, das leis e da Constitución”.
Por o 02/10/2017 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
Abel Caballero eloxia a acción da Policía Nacional no respecto á Constitución e ás leis
Compartir en:

No acto recordouse aos axentes falecidos e en especial a Vanesa Lage, a axente asasinada en novembro de 2014 durante un atraco na cidade, que “faleceu por facerlle fronte á delicuencia”, apuntou Caballero, tras o que asegurou que “segue no noso recordo e para ela, permanentemente, a nosa homenaxe”.

Na súa intervención, o alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias definiu á Policía Local como eixo “vertebrador” en toda España, axentes que vertebran o territorio “no cumprimento do seu deber” e que son vistos pola opinión pública como “servidores da democracia e dos cidadáns”.

Durante o acto, entregouse a orde do mérito policial con distintivo branco ao xuíz decano de Vigo, así como a 21 axentes. Ademais, recibiron orde con distintivo vermello os axentes José María Rodríguez e Jorge Sánchez, quen a pasada noite de San Xoan detiveron ao presunto asasino dun mozo en Chapela; e foron recoñecidos o Centro de Emerxencias de Vigo (Cemvi) e o cidadán José Domingo Fernández, Pepe, por “a súa xenerosidade e altruísmo”.