Abel Caballero enxalzou o “importante” apoio do Concello ás Xornadas de Automatización Industrial

Publicado por o día 15/03/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Abel Caballero enxalzou o “importante” apoio do Concello ás Xornadas de Automatización Industrial

O alcalde de Vigo visitou este xoves as JAI 2018 na Cidade Universitaria, xunto á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. Caballero recordou a cooperación “singular, moi importante” do Concello co evento e puxo en valor a relevancia da automatización industrial, tras ter visitado recentemente a factoría viguesa de PSA.