Abel Caballero garante que o Isfas seguirá en Vigo

O alcalde reiterou este mércores que a atención do Instituto Social das Forzas Armadas continuará prestándose en Vigo, como garantiu hai meses e hoxe “o manteño”. Trasladou aos usuarios que “estean tranquilos” ante un “intento de polémica” promovido este días e asegurou que “mentres eu sexa alcalde, o Isfas vai seguir en Vigo”.
Publicado por o día 11/09/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Abel Caballero garante que o Isfas seguirá en Vigo

Caballero denunciou este “intento de polémica” e quixo enviar unha mensaxe de tranquilidade aos usuarios ao garantir que o Isfas continuará prestando atención na cidade. Recordou o alcalde que “hai meses”, e logo de conversas coa ministra de Defensa, xa anunciara que o servizo continuaría en Vigo, en dependencias municipais ou estatais, e atendida por funcionarios do Estado: “O manteño”, certificou este mércores.

O alcalde explicou que onte falou coa titular da carteira de Defensa, que visitou a cidade para coñecer o espazo da Comandancia de Mariña, e garantiu que o Instituto seguirá na cidade. Abel Caballero avanzou que, “mentres eu sexa alcalde, o Isfas vai seguir en Vigo” e pediu aos usuarios que “estean tranquilos”.