Abel Caballero informou de que se habilita unha plataforma para lograr unha cita previa e poder ver en directo a Cabalgata que se celebrará o vindeiro martes, 5 de xaneiro, na Avenida de Castelao, entre a Praza de América e a rotonda do barco Alfageme.

Abel Caballero informou de que se habilita unha plataforma para lograr unha cita previa e poder ver en directo a Cabalgata que se celebrará o vindeiro martes, 5 de xaneiro, na Avenida de Castelao, entre a Praza de América e a rotonda do barco Alfageme.
Publicado por o día 29/12/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou en rolda de prensa que a partir das 14:00 horas deste martes, 29 de decembro, o portal web do Concello (www.vigo.org) habilitará unha plataforma para lograr unha cita previa e poder ver en directo a Cabalgata que se celebrará o vindeiro martes, 5 de xaneiro, na Avenida de Castelao, entre a Praza de América e a rotonda do barco Alfageme.

O horario de apertura do percorrido será de 12:00 a 20:00 horas, cunha parada entre as 15:30 e as 16:00 horas, e a temática deste ano é “Civilizacións do mundo na historia”. Caballero explicou que “este ano, para acceder á cabalgata dispoñeremos dun sistema mixto, de forma que haberá un carril con reserva de acceso (o esquerdo) e outro de acceso libre”.

Esta novidade levarase a cabo reservando entrada a través da ligazón na páxina web do Concello, onde se poderá escoller a entrada por tramo horario, con intervalos de 15 minutos en cada pase. Cada pase é para un máximo de 6 persoas (non necesario que sexan conviventes) e cunha hora de acceso ao recinto da cabalgata.

A aplicación mostrará os tramos libres, de forma que poderemos seleccionar o que máis nos conveña e os datos solicitados son un número de teléfono e dirección de mail. Unha vez realizada a reserva recibiremos un código QR que se pode descargar no teléfono ou recibir por correo electrónico para presentar o resgardo no momento do acceso.

Ademais, o alcalde explicou que haberá unha segunda quenda de reservas, que se abrirá en horario diferente para que todos os que queiran poidan acceder ás citas previas. Tamén será posible realizar a reserva de forma presencial nos centros de distrito da cidade.

Comentar noticia

Your email address will not be published.