Abel Caballero informou esta mañá do visto bo do servizo provincial de Costas ao proxecto municipal de rexeneración do paseo do fronte marítimo da vila de Bouzas

Publicado por o día 22/07/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Abel Caballero informou esta mañá do visto bo do servizo provincial de Costas ao proxecto municipal de rexeneración do paseo do fronte marítimo da vila de Bouzas

Abel Caballero informou esta mañá do visto bo do servizo provincial de Costas ao proxecto municipal de rexeneración do paseo do fronte marítimo da vila de Bouzas. O primeiro edil subliñou que a actuación concluíu a etapa de exposición pública sen recibir alegación algunha e os informes sectoriais son todos favorables.

Continúa así a tramitación da renovación do paseo de Bouzas que promove o Concello, pendente da sinatura da Dirección Xeral de Costas. En canto estea concluída a tramitación, o goberno de Vigo estará en disposición de aprobar o proxecto construtivo. “Vai ser un paseo excepcional”, saudou Caballero, quen anotou que a obra é “prioritaria, imprescindible” e planificada como unha actuación “branda”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.