Abel Caballero louva a “expresión de fortaleza” de Xosé Luís Otero e o seu “Atlas de soidade”

Este venres inaugurouse a cuarta etapa do ciclo “Metrópole”, a cargo de Xosé Luís Otero, aberta na primeira planta do MARCO ata o próximo 15 de setembro. O “Atlas de soidade” de Otero toma o relevo de Xosé Manuel Castro, Santiago Montes e Álvaro de la Vega.
Por o 14/06/2019 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
Abel Caballero louva a “expresión de fortaleza” de Xosé Luís Otero e o seu “Atlas de soidade”
Compartir en:

Este venres inaugurouse a cuarta etapa do ciclo “Metrópole”, a cargo de Xosé Luís Otero, aberta na primeira planta do MARCO ata o próximo 15 de setembro. O “Atlas de soidade” de Otero toma o relevo de Xosé Manuel Castro, Santiago Montes e Álvaro de la Vega. 

“Xosé Luís Otero. Atlas de soidade” é a cuarta etapa do ciclo “Metrópole. Perspectiva urbana da arte galega”, unha serie de exposicións que naceu co dobre obxectivo de facer unha viaxe ao Vigo dos anos 20 (cando se estreou na cidade o filme de Fritz Lang do mesmo nome) e ofrecer unha visión do panorama artístico galego actual.

Desde este venres e ata o próximo 15 de setembro, Otero dispón na primeira planta do MARCO as súas creacións artísticas, con pezas ideadas nos últimos meses para a ocasión. O propio autor, na presentación da mostra, indicou que “a honra máis grande da miña vida é poder expoñer aquí”. Abel Caballero definiu “Atlas de soidade” como “unha forma de ver o territorio e unha expresión de fortaleza”.

Nesta ocasión, Xosé Luís Otero participa das dúas disciplinas clave na súa formación e posterior desenvolvemento como artista: a pintura e a escultura. Así, nas súas instalacións, a paisaxe -o xénero tradicional do que bota man na pintura dos seus comezos- cobra unha nova dimensión, convertida xa en leitmotiv dun universo de dous polos: rural e urbano.

Comentar noticia

Your email address will not be published.