Abel Caballero louvou os recentes éxitos de catro deportistas vigueses

Recibidos no Concello este venres, o alcalde felicitou a Ania Setién, Jacobo Fernández, Laura Vázquez e Vicky Alonso polos seus recentes éxitos en badminton, judo e baloncesto en cadeira de rodas.
Publicado por o día 09/08/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Abel Caballero louvou os recentes éxitos de catro deportistas vigueses

Recibidos no Concello este venres, o alcalde felicitou a Ania Setién, Jacobo Fernández, Laura Vázquez e Vicky Alonso polos seus recentes éxitos en badminton, judo e baloncesto en cadeira de rodas.

Ania Setién obtivo o bronce no Open de Ankara sub 17 de badminton, mesma competición e deporte no que Jacobo Fernández se alzou coa prata en masculino e mixto. Laura Vázquez, en judo, conseguiu o bronce no Festival Olímpico da Xuventude Europea de Bakú, mentres que Vicky Alonso formou parte da selección española de baloncesto en cadeira de rodas que se clasificou para os xogos paralímpicos de Toquio 2020 no campionato de Europa de Rotterdam.