Abel Caballero, na preestrea da nova tenda Lidl en Teis

O alcalde achegouse hoxe mércores ata a antiga nave de bodegas Litán en Doutor Corbal, onde a cadea de supermercados abre este xoves o seu cuarto establecemento na cidade, logo dun investimento superior aos tres millóns de euros.
Publicado por o día 27/11/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Abel Caballero, na preestrea da nova tenda Lidl en Teis

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudiu este mércores ao acto de preapertura da nova tenda de Lidl na cidade, acompañado do director rexional de Lidl en Galicia, Jaime Herrá, evento ao que asistiu tamén o concelleiro de Comercio, Ángel Rivas, e as concelleiras de Urbanismo e Turismo, María José Caride e María Lago, respectivamente.

Lidl inaugura este xoves un novo punto de venda e reforza a súa presenza en Vigo establecéndose nas antigas adegas Litán (en Doutor Corbal 29-31) tras un investimento de 3,1 millóns de euros para a súa construción e equipamento (proceso no que se contrataron máis de 40 empresas rexionais e preto de 300 persoas). A tenda supoñerá a creación de ata 21 novos postos de traballo.

A nova instalación comercial da firma suma 1.000 m2 de sala de vendas, abrirá de luns a sábado de 9.00 a 22.00 horas e dispón ademais de 25 prazas de aparcamento. O Lidl de Teis incorpora medidas de eficiencia enerxética como tecnoloxía de iluminación LED e sistemas de refrixeración de baixo consumo. A compañía ofrecerá tamén aos seus clientes bolsas 100% compostables na súa sección de froita e verdura, unha medida que a compañía xa implementou nas súas máis de 580 tendas en España.

Comentar noticia

Your email address will not be published.