Abel Caballero participa este xoves na II comisión plenaria da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes

O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) intervirá na mañá deste xoves na sesión, por invitación da ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto.
Publicado por o día 10/06/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Abel Caballero participa este xoves na II comisión plenaria da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes

Segundo trasladou aos medios este mércores, o alcalde de Vigo e presidente da FEMP, Abel Caballero, tomará parte na mañá desde xoves, desde ás 09:30 horas e por videoconferencia, na segunda reunión da comisión plenaria da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes. Avanzou Caballero que a súa intervención incluirá á cidade de Vigo como parte das urbes turísticas intelixentes.

Liderar desde a sustentabilidade o desenvolvemento do sector turístico a través da innovación e a tecnoloxía, ese é o obxectivo dos Destinos Turísticos Intelixentes (DTI), que se unen na Rede para promover sinerxias e transferencia de coñecemento maximizando os beneficios da metodoloxía DTI.

A ministra de Industria, Comercio e Turismo formalizou o lanzamento da Rede con preto de 70 membros en outubro de 2018. Mentres, o 27 de febreiro de 2019 asinouse o protocolo que oficializaba a adhesión dos seus membros e celebrábase a primeira reunión da comisión plenaria. A segunda está convocada para este xoves, 11 de xuño.

Comentar noticia

Your email address will not be published.