Abel Caballero promove unha consulta popular para prohibir fumar nas praias da cidade

Abel Caballero quere coñecer a opinión dos vigueses
Publicado por o día 09/06/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Abel Caballero promove unha consulta popular para prohibir fumar nas praias da cidade

Fumar en determinados lugares e situacións cada vez vaise a poñer máis complicado. Xa se prepara normativa para prohibir fumar no interior dos vehículos, viaxen ou non nenos neles, e aumenta o número de espazos públicos onde tampouco se permite xa fumar. Un destes espazos son as praias. Este verán, as que xa se coñecen como praias sen fume, aumentan considerablemente. En Vigo, o seu singular alcalde, vai promover unha consulta popular para prohibir fumar nas praias viguesas, segundo o alcalde non se fará un referendo senón unha consulta que pois dita consulta non sera vinculante, o alcalde quere facer con esta consulta saber a opinión dos vigueses e viguesas ao respecto de que as praias viguesas sexan libre de fume.

Non só a consulta será realizada no ámbito dos areais da cidade senón tamén salpica ao estadio municipal de Balaidos e outros recintos do estilo municipais.

 

2 Respuestas a "Abel Caballero promove unha consulta popular para prohibir fumar nas praias da cidade"