Abel Caballero recibe ao novo embaixador de Chile en España

Publicado por o día 01/10/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Abel Caballero recibe ao novo embaixador de Chile en España

O alcalde de Vigo recibiu este martes no Concello a Roberto Ampuero, recentemente nomeado como embaixador de Chile en España e que informou a Abel Caballero sobre a nova etapa diplomática no país. O rexedor desexoulle sorte ao novo responsable da Embaixada. Na súa visita, Ampuero estivo acompañado polo cónsul honorario de Chile en Vigo, Manuel Dopico.