Abel Caballero, satisfeito da resposta “positiva” da ministra de Facenda ás demandas dos concellos

O alcalde e presidente da FEMP celebrou o resultado “moi satisfactorio” da súa reunión deste luns en Madrid con María Jesús Montero. Abel Caballero puxo en valor que a ministra reunirá o grupo de traballo para o teito de gasto e estudará ampliar os usos permitidos para o investimento do superávit dos concellos
Publicado por o día 29/10/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Abel Caballero, satisfeito da resposta “positiva” da ministra de Facenda ás demandas dos concellos

Abel Caballero propuxo á ministra a constitución nun prazo de quince días do grupo de traballo para o teito de gasto, tal e como se acordara na última Comisión Nacional de Administración Local. O alcalde de Vigo valorou que Montero aceptase convocala no prazo de dúas semanas, pois a FEMP pretende que o novo teito de gasto sexa de aplicación neste 2018.

En segundo lugar, a ministra comprometeuse a estudar a suxestión do alcalde de ampliar os usos permitidos para o reinvestimento dos superávit que consigan os concellos. Unha vez a lei orzamentaria estatal incluirá o permiso para gastar no 2019 o excedente deste ano en cada concello, Abel Caballero recordou que xa está prevista unha primeira ampliación dos usos -en gasto social, de emprego e de vivenda- pero “cremos que hai marxe para máis”, asegurou.

Abel Caballero e María Jesús Montero tamén abordaron outras cuestións a abordar entre as administracións locais e a xeral do Estado, como o sistema de liquidación do IVE ou as plusvalías. No tocante ao primeiro, o tamén presidente da FEMP indicou que a ministra considerará un cambio nos prazos establecidos para poder ter máis recursos dispoñibles e, sobre as plusvalías, está en tramitación a nova lei para adaptar o imposto á sentencia do Tribunal Constitucional e a ministra de Facenda propuxo constituír, una vez aprobada a norma, un grupo de traballo para tratar as devolucións e a forma de resarcir ás administracións locais pola diminución dos ingresos.

Por outro lado, o alcalde de Vigo saudou que o Goberno de España presentase este luns unha proposta “máis ambiciosa” para a renovación dos efectivos nas entidades locais, para recuperar “o antes posible” o persoal perdido polas xubilacións. Por último, o Ministerio ofreceu a Caballero “garantías” de cara á demanda de retiro dos policías locais, cuestión que está en “prazo”.