Abel Caballero, segundo presidente da FEMP que optará á reelección tras catro anos de mandato

O alcalde de Vigo presidiu este xoves por videoconferencia a xunta de voceiros da Federación Española de Municipios e Provincias de preparación da asemblea xeral da FEMP do día 21. Pedro Sánchez anunciou que Caballero optará a outros catro anos seguidos como presidente, algo que só ten o precedente de Rita Barberá.
Publicado por o día 12/09/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Abel Caballero, segundo presidente da FEMP que optará á reelección tras catro anos de mandato

O alcalde de Vigo presidiu este xoves por videoconferencia a xunta de voceiros da Federación Española de Municipios e Provincias de preparación da asemblea xeral da FEMP do día 21. Pedro Sánchez anunciou que Caballero optará a outros catro anos seguidos como presidente, algo que só ten o precedente de Rita Barberá.

En rolda de prensa, Abel Caballero explicou que miles de alcaldes e alcaldesas estarán representados na asemblea xeral da FEMP do próximo 21 de setembro, na que “faremos municipalismo”, se definirá o proxecto da Federación para os próximos catro anos e se elixirá ao seu presidente.

Abel Caballero optará á reelección tras catro anos de mandato, algo que só conta co precedente da entón alcaldesa de Valencia, Rita Barberá. Explicou o alcalde de Vigo que Tomás Bolaños foi candidato á reelección tras ter presidido unicamente dous anos mentres que Paco Vázquez completou máis dun mandato pero non de forma consecutiva.