Abel Caballero traslada a súa felicitación ao novo alcalde de Logroño

Publicado por o día 21/08/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Abel Caballero traslada a súa felicitación ao novo alcalde de Logroño

Pablo Hermoso, de vacacións en Vigo, acudiu este mércores ao Concello para manter un encontro co alcalde vigués. En declaracións previas á cita, Caballero asegurou que é “un pracer” saudar ao novo rexedor da capital rioxana e felicitalo pola súa elección logo das municipais de maio.