Abel Caballero urxe a reunión do padroado de Ifevi: “A instalación deportiva non está no proxecto”

Publicado por o día 20/01/2021 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Abel Caballero urxe a reunión do padroado de Ifevi: “A instalación deportiva non está no proxecto”

“Volvo urxir á Xunta de Galicia a que reúna inmediatamente ao padroado para que poidan debater sobre unha instalación deportiva que non está no proxecto” de ampliación, reiterou o alcalde este mércores sobre o anuncio de Núñez Feijóo dun módulo deportivo no recinto feiral.

Caballero definiu de “papel mollado” e “cortina de fume” o anuncio realizado polo presidente da Xunta na cidade, ao constatar que non figura recollido no proxecto de ampliación do Ifevi. En declaracións públicas realizadas este mércores, o alcalde confiou nunha pronta reunión do padroado, para que os seus integrantes poidan debater sobre a cuestión.

O alcalde alertara o día previo de que o proxecto que a Xunta está licitando para a ampliación do Ifevi carece do anunciado espazo deportivo cuberto e a expropiación podería correr perigo ao realizarse en base a uns fins que agora poderían verse mudados.