O Concello de Redondela, a través do Departamento de Novas Tecnoloxías, dirixido por Julio Mougán, oferta formación gratuita para os veciños e veciñas que desexen matricularse nos cursos impartidos na Aula Cemit de Redondela e na Aula de Chapela.
A inscripción realízase a través da web do Concello, no seguinte enderezo: http://redondela.gal/gl/cursos onde os interesados poden escoller até un máximo de tres cursos, sinalando por prioridades o 1º, o 2º e o terceiro curso que lles interesa.
As formación dispoñibles están dirixidas a todos os públicos e abranguen áreas como as novas tecnoloxías, redes sociais e mecanografía, entre outras.
Noticias de última hora en Vigo