Wayuu é unha entidade sen ánimo de lucro que conta con sede en Galicia e que ten como obxectivo a recadación de fondos para mellorar as condicións de vida do pobo Wayuu, asentado na península de Guajira, sobre o Mar do Caribe. Dita entidade encargarase da montaxe de varias casetas que ofrecerán produtos de artesanía neste mercado, e destinarán parte dos seus beneficios á escavación de pozos nesta rexión.
Desde a Concellería de Desenvolvemento Local quérese abrir a participación neste mercado aos artesáns e artesás da comarca do Baixo Miño co fin de apoiar a un sector especialmente golpeado pola crise sanitaria, nun verán no que foron cancelados multitude de eventos e feiras que representaban unha importante fonte de ingresos para este tipo de profesionais.
A participación no mercado será gratuíta e o Concello proveerá a cada artesán dun stand, ata acadar un máximo de 15 postos. Pola súa parte os e as artesás deberán comprometerse a manter os postos abertos ao longo de todo o período de duración do mercado en horario de mañá e tarde.
Os e as profesionais interesados/as deberán realizar a súa solicitude antes do 24 de agosto ás 14:00 horas a través da dirección de correo electrónico [email protected], indicando: nome e apelidos, teléfono de contacto, concello no/a que están empadroados/as e descrición dos produtos de artesanía que ofrecen. Así mesmo deberán amosar por escrito nese correo o seu compromiso para manter aberto o posto durante todo o período de duración do mercado, respectando os horarios do mesmo. Posteriormente poderáselles requirir documentación para verificar os datos que aporta na solicitude.
Noticias de última hora en Vigo