Aberto novo prazo para solicitudes de espazos no Viveiro de Empresas de Servizos do Concello de Cangas

ABERTO NOVO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA OPTAR A ESPAZOS NO VIVEIRO DE EMPRESAS DE SERVIZOS DO CONCELLO DE CANGAS
Por o 08/10/2018 | Sección: Cangas,Galicia
Aberto novo prazo para solicitudes de espazos no Viveiro de Empresas de Servizos do Concello de Cangas

O BOP de onte, xoves 4 de outubro, publicou unha nova apertura do prazo de presentación de solicitudes para optar espazos no Viveiro de Empresas de Servizos do Concello de Cangas, situado na rúa Eirado do Señal nº5, 2ª andar.

Os espazos que se cederán serán tres despachos, con dimensións entre 11 e 15 metros cadrados,  por un periodo de dous anos,  con posiblilidade de prórroga por outros 6 meses. Estos espazos están destinados  a persoas emprendedoras ou empresas de nova creación, encadrables dentro do sector servizos, en áreas tales como consultoría, asesoría, software, desenvolvementos informáticos e técnicos, solucións de enxeñería, etc.

A parte da cesión de oficinas, previo pago dunha mensualidade, as empresas beneficiarias poderán beneficiarse dunha serie de servizos incluídos no alugueiro, tales como recepción de correspondencia, conexión por cable a internet, limpeza, e recollida de lixo en zonas comúns, iluminación do edificio, información básica de consultas administrativas, etc.

As persoas interesadas deberán presentar as súas proposicións no Rexistro Xeral do Concello de Cangas antes do día 5 de novembro de 2018.

Máis información Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Cangas, teléfono 986 301 371,  mail: dlocal@cangas.gal.

Descargas

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.