Aberto o prazo de candidaturas para a Gala do Deporte 2019

A Gala celebrarse o vindeiro 13 de abril ás 21.00 horas no pavillón novo do Monte da Vila.
Publicado por o día 11/02/2019 na sección de Galicia,O Grove

Aberto o prazo de candidaturas para a Gala do Deporte 2019

A partir hoxe luns, 11 de febreiro e a ata finais deste mesmo mes poderán presentarse proposta para os galardóns da Gala do Deporte desta edición. As categorías dos premios aparecen recollidas máis abaixo e poden presentarse deportistas do Grove que tiveran éxitos na súas áreas na temporada 2017-2018 e as candidaturas poden ser presentadas por individuais ou colectivos.

A Gala, cun formato similar á celebrada o pasado ano, terá lugar o 13 de abril ás 21.00 horas e será aberta ao público co obxectivo de recoñecer aos mellores e ás mellores deportistas do pasado ano . Dende o Concello do Grove tamén se indica que se algunha modalidade deportiva non aparece recollida nas categorías establecidas, por realizarse unha proposta para incorporala á convocatoria.

1. Mellor deportista feminina.

2. Mellor deportista masculino.

3. Mellor deportista feminina promesa.

4. Mellor deportista masculino promesa.

5. Mellor equipo feminino.

6. Mellor equipo masculino.

7. Mellor evento deportivo.

8. Mellor labor de base.

9. Mellor adestrador/a.

10. Mellor club.

11. Mellor deportista de atletismo.

12. Mellor deportista de balonmán.

13. Mellor deportista de baloncesto.

14. Mellor deportista de ciclismo.

15. Mellor deportista de fútbol.

16. Mellor deportista de fútbol gaélico.

17. Mellor deportista de pesca.

18. Mellor deportista de piragüismo.

19. Mellor deportista de remo.

20. Mellor deportista de ximnasia rítmica.

21. Mellor deportista de xadrez.

22. Mellor deportista de hípica.