Aberto o prazo de inscrición do 5º Torneo de Baloncesto 3×3 do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia

Publicado por o día 07/08/2015 na sección de Baloncesto,Deportes

Aberto o prazo de inscrición do 5º Torneo de Baloncesto 3×3 do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia

Os días 21 e 22 de agosto do 2015 o Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia organizará a Quinta Edición do Torneo de Baloncesto 3×3 nas pistas do Colexio Seis do Nadal.

Despois das exitosas experiencias das pasadas edicións do Torneo de Baloncesto 3×3, o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia organizará neste comezo de tempada o 5º Torneo de Baloncesto 3×3 como pistoletazo de saída do curso 2015/16.

O Torneo 3×3 estará dividido en tres categorías: minibásquet, infantil-cadete e júnior-sénior. A categoría minibásquet e a categoría infantil-cadete xogarán sendos torneos 3×3 paralelos o venres 21 de agosto do 2015 en xornada de tarde; mentres que a competición do torneo 3×3 de categoría júnior-sénior será o sábado 22 de agosto do 2015 ao longo de todo o día. Os horarios de cada categoría se publicarán unha vez sexa pechado o prazo de inscrición o próximo día 19 de agosto.

Os equipos deberán estar formados por cinco xogadores/as como máximo, tres como mínimo e poderán ser combinados masculinos, femininos e mixtos sempre respetando as idades das categorías do campionato que serán as categorías desta nova tempada 2015/2016. NaQuinta Edición do Torneo de Baloncesto 3×3 do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia haberá premios para os combinados campións de cada categoría, premios que se darán a coñecer en próximas datas.

Inscrición

Os equipos que desexen participar no torneo deberán enviar un correo electrónico a [email protected]com antes do próximo mércores 19 de agosto do 2015 indicando:

– Nome e categoría do equipo participante.

– Nome, apelidos e data de nacemento de tódolos integrantes do equipo (mínimo 3 e máximo 5).

– Responsable do equipo e móbil de contacto.

As inscricións serán aceptadas por rigoroso orde de inscrición ata completar o número máximo de equipos en cada unha das categorías.

PRENSA SEIS DO NADAL COIA BALONCESTO