Aberto o prazo de inscrición no curso preparatorio para o graduado en ESO

Publicado por o día 10/05/2018 na sección de A Guarda,Educación,Galicia

Aberto o prazo de inscrición no curso preparatorio para o graduado en ESO

O Concello da Guarda promove un novo curso preparatorio para as probas de obtención do graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) que se celebrarán no mes de setembro en modalidade libre. O curso diríxese ao alumnado que non conseguiu o graduado ou a aquelas persoas que, debido a súa idade, atópanse fora do ámbito escolar.

O curso impartirase entre xuño e setembro de 2018 no antigo colexio Sinde, en horario de mañá e o prazo de inscrición estará aberto ata o 1 de xuño. As persoas interesadas poderán inscribirse e obter máis información na Oficina de Información á Xuventude (OMIX) do Concello da Guarda, chamando ao 986 614 546, ou ben na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL), chamando ao 986 610 000 ou no correo electrónico [email protected]