Aberto o prazo de inscrición para a VI Andaina polos Montes de Vigo

A sexta edición terá lugar o próximo domingo, 12 de maio, organizada polo Concello de Vigo e coa inscrición aberta ata este venres, no teléfono gratuíto 010. A Andaina, que supera os 39 quilómetros, ofrece catro percorridos en función da dificultade e da idade, incluíndo a “pequerruta” e unha ruta adaptada a persoas con mobilidade reducida.
Publicado por o día 06/05/2019 na sección de Galicia,Vigo

Aberto o prazo de inscrición para a VI Andaina polos Montes de Vigo

Os interesados en participar na sexta Andaina polos Montes de Vigo poden anotarse ata este venres, 10 de maio, no teléfono gratuíto 010 ou no propio blog do programa municipal “Vigo Camiño a Camiño”. A VI Andaina polos Montes de Vigo está organizada polo Concello coa colaboración de Montes de Vigo e o patrocinio de Vegalsa-Eroski e Coca-Cola.

A cita será o domingo, 12 de maio, desde as 08:15h. Os participantes reuniranse na Praza do Rei, desde onde serán trasladados en autobús ao punto de inicio. O percorrido é de 39,3 quilómetros polas comunidades de montes de Candeán, Cabral, Bembrive, Beade e Zamáns. Un centenar de profesionais se encargarán do operativo de organización e seguridade, formado por voluntarios e efectivos de Protección Civil e da Policía Local.

A Andaina divídese en tres tramos: un primeiro tramo de 11,3 quilómetros e un tempo estimado de duración de dúas horas e media, un tramo 2 de 20,8 quilómetros e catro horas e media de camiño, e un terceiro de 7,2 quilómetros e outras dúas horas e media.

O Concello programa catro opcións distintas para que a Andaina sexa apta para todos os niveis de dificultade e idades, desde a completa ata a curta. A organización tamén celebrará o domingo unha “pequerruta” e dispón dun percorrido adaptado para as persoas de mobilidade reducida.