Aberto o prazo de inscrición para o curso 2019/2020 da Escola de Música Municipal

O vindeiro venres, 13 de setembro, ás 19.30h, haberá unha reunión no Auditorio de Goián para informar sobre o inicio das clases
Publicado por o día 11/09/2019 na sección de Galicia,Tomiño

Aberto o prazo de inscrición para o curso 2019/2020 da Escola de Música Municipal

A escola de música municipal da Agrupación Musical de Goián vén de abrir o prazo de inscrición para o curso académico 2019/2020.

O curso comezará o día 17 de setembro e desenvolveranse nas instalacións da escola, situadas no edificio do Auditorio de Goián.

O alumnado que desexe anotarse poderá facelo no propio auditorio ou poñéndose en contacto coa agrupación musical no correo [email protected], ou ben, chamando ao número de teléfono 626 799 623 ou o 639 629 684.

A oferta educativa deste ano é ampla e adaptada a todas as idades e necesidades, podéndose optar entre diversos instrumentos e materias, e tendo en conta que as novas incorporacións teñen un mes de proba de balde.

· XARDÍN MUSICAL (3 anos)

· MÚSICA E MOVEMENTO (5 a 7 anos)

· LINGUAXE MUSICAL (de 1º a 5º curso)

· SOLFEXO PARA ADULTOS

· VIOLONCELLO

· PERCUSIÓN

· VENTO MADEIRA: oboe, frauta, clarinete, saxofón e fagot

· VENTO METAL: trompeta, trompa, trombón, bombardino e tuba

· CLASES DE CORO (nova actividade)

Ademais, contan con grupos adaptados ás necesidades de cada alumno para ir progresando na súa formación: CONXUNTO INSTRUMENTAL e BANDA XUVENIL.

A escola de música ten na actualidade máis de 130 persoas estudando distintos instrumentos.